Thursday 16 de May de 2024

Ghazafellos, risas e aventuras con A illa sen tesouro


 

Ghazafellos foi unha das últimas das compañías en visitar Ordes e ofrecer o seu espectáculo dentro do programa Cultura na rúa, organizado polo Concello durante este mes de xullo. A illa sen tesouro foi o título escollido para a ocasión, na cal o público que acudiu á Alameda de Ordes xogou un papel fundamental á hora de reinterpretar esta fabulosa aventura de piratas. Nin a música, nin os bailes, nin tampouco as pelexas de espadas, faltaron nesta aventura marcada polo humor.